Thursday 25 de April de 2024

Miño inicia as obras de construción da cuberta do patio do CEIP de Bemantes


• A actuación, que conta cun orzamento de 48.887€ procedentes do remanente, está encamiñada a ofrecer unhas mellores condicións ao alumnado do centro.

O Concello de Miño iniciou as obras de construción da cuberta no patio do CEIP de Bemantes, coas que se pretende ofrecer ao alumnado do centro unhas mellores condicións de xogo.
A actuación conta cun orzamento de 48.887€ procedentes do remanente e permitirá, tanto aos estudantes como ao profesorado, poder facer uso deste espazo independentemente das condicións meteorolóxicas.

Desde o goberno local, sinalan a importancia ‘de ofrecer aos nosos estudantes as mellores condicións posibles, dentro e fora dás aulas’ e esperan que coa nova cuberta ‘vos nenos e meniñas do CEIP Bemantes poidan gozar do patio durante todo ou ano’.